Laura Celeiro repite como alcaldable polo PSOE ao Concello do Incio nas eleccións de maio

SarriaXa
Laura Celeiro repite como alcaldable polo PSOE ao Concello do Incio nas eleccións de maio, xa foi alcaldesa de 2011 a 2019
Laura Celeiro PSOE O Incio
20 Mar 2023

Laura Celeiro repite como candidata dos socialistas ás eleccións municipais no Concello do Incio, onde xa foi alcaldesa desde 2011 ata 2019.

Celeiro criticou de Héctor Corujo, o actual rexedor do Incio, que "non podemos vivir nun concello que é incapaz de resolver os problemas diarios da veciñanza”, dixo Celeiro.

A candidata socialista subliña que se presenta á Alcaldía “dende a responsabilidade que require este posto, pero tamén con moitas ganas de impulsar proxectos e iniciativas que redunden en toda a veciñanza da vila, sen excepción".

Así, defendeu que quere gobernar "para presidir un novo goberno municipal que coloque aos veciños e veciñas como protagonistas da vida política", porque di que o goberno do PP "dá as costas á veciñanza e está alonxado das parroquias", por iso di: "Queremos reverter esta situación. Hai outra forma de gobernar”.

O Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, subliñou que “Celeiro é unha muller capacitada e preparada e que está disposta a traballar polo futuro dos seus veciños, con seriedade e firmeza”, incidiu.

Laura Celeiro sinalou que xa está traballando no programa electoral, e que presentará nas vindeiras datas a súa candidatura aos veciños e veciñas do Incio.

“Estou convencida que os cidadáns saberán ver no noso proxecto iniciativas realistas, como xa fixemos hai uns días, reclamando estender a hospitalización a domicilio (HADO) á veciñanza, ademais de dotalo de máis e mellores servizos públicos".

0.15870189666748