Licítanse obras para mellorar o abastecemento de auga no lugar dos Vaos, en Láncara
O Concello de Láncara sacou a licitación as obras de renovacións das conduccións de abastecemento de auga no lugar dos Vaos, na parroquia de San Pedro de Láncara.
Cun orzamento de 36.101 euros, as obras están cofinanciadas por Augas de Galicia dentro dun programa para a execución de traballos que permiten minimizar as perdas de auga en entidades locais, sendo este o aportador de 28.800 euros, mentres que o Concello de Láncara sufragará os gastos restantes.
As empresas interesadas en presentarse a este concurso poderán facelo ata o vindeiro 22 de xullo e así formular as súas propostas económicas e cun prazo de execución de tres meses.
Segundo o proxecto redactado, a rede poderá ser optimizada se se aproveita a renovación para cambiar o trazado por outro máis directo, ademais de que recolle que a tubería actual de abastecemento municipal é insuficiente para dar cobertura ás seis vivendas e á demanda gandeira existente, polo que se plantea a substitución por outra.