Louseiro acolle a proxección do 'Médico dos pobres' nun acto organizado pola Asociación Gorriós

Esta tarde de venres, 19 de abril, ás 21.00 horas terá lugar na Escola de Louseiro a proxección do 'Médico dos pobres', un documental sobre Manuel Díaz González, máis coñecido coma "O Pequeniño dO Incio", quen foi un médico rural, deputado provincial e alcalde de O Incio durante a República, e asasinado pola escuadra falanxista de Eirexalba en 1936.
O acto, aberto a todo o mundo que queira participar, está organizado pola Asociación Gorriós de Louseiro, que ofrecerá, trala visualización do filme, un coloquio e un picoteo.
Por outra parte, anuncian que o vindeiro venres, 26 de abril, terá lugar un campionato de tute que tamén organizan eles, que incluirá servizo de pulpería e premios para os tres primeiros clasificados.