Louseiro acolle a súa festa do San Antón a vindeira fin de semana

SarriaXa
Os vindeiros 8, 9 e 10 de xuño haberá diferentes actividades na parroquia sarriá
Festas-Louseiro-Sarria
27 May 2024

A parroquia de Louseiro, en Sarria, celebra a súa festa do San Antón os vindeiros 8, 9 e 10 de xuño, que acollerá diferentes actividades para toda a veciñanza e as persoas que se animen a achegarse.

Así, todo comezará o día 8 coa pancetada e queimada amenizada polo solista Jose Manuel e o 9, domingo, comezará coa misa maior ás 13.30 horas, seguida da procesión e sesión vermú na que actuará a Banda de Música Comarca de Sarria, financiado pola Deputación de Lugo.

Pola tarde, ás 19.00 horas, terá lugar unha actuación infantil e ás 21.00 horas comezará a festa e verbena coa orquestra Los Satélites. O luns terá a mesma estrutura, con misa maior, procesión e sesión vermú, pero neste caso acompañada da Banda Louband, que tamén protagonizará a festa da noite a partir das 21.00 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14111089706421