Louseiro acolle este sábado a décima edición do San Martiño Caníbal
Esta fin de semana chega a Louseiro unha nova edición do San Martiño Caníbal, un festival gastromusical no medio rural con sesión vermú, un xantar popular e varios concertos.
A música e a gastronomía converteranse así nas protagonistas do día, con actuacións de grupos coma os Wavy Gravies, Ce Orquesta Pantasma, Xerezade, Filophobicas ou Untides.
A sesión vermú será amenizada por Wavy Gravies e posteriormente terá lugar un xantar popular cun gran cocido galego.
As entradas de venda anticipad para todo aquel que queira asistir terán un prezo de 27 euros, mentres que se se adquiren no propio campo da festa, o precio será de 30 euros. Os nenos e nenas de 5 a 12 anos poderán acudir cun prezo reducido de 12 euros.
O lugar elixido para acoller este festival é o campo da festa de Louseiro, onde os concertos comezarán a partir das 19.30 horas da tarde.
Esta iniciativa está organizada pola asociación cultural Os Gorriós de Louseiro, en colaboración coa asociación Buril e o Concello de Sarria.
Os Wavy Gravies
Directos dende Simes, unha aldea de Meaño no Salnés, dende o ano 2014 esta formación toca ó longo de toda a xeografía española coa súa mestura de rock, surf, garage, frat e punk rociado con un gran sentido do humor.
Rufus el Guarro á batería e ós coros, Ivan ‘Koko’ Soutiño no contrabaixo e nos coros e Jorge Lorre á voz e á guitarra eléctrica, amosan coas súas cancións que posúen unha gran vagaxe en formacións como Los Hijos Bastardos de Peter Lorre ou The Allnight Workers, altenando a súa carreira musical con proxectos como Family Folks, The Bo Derek’s ou Lorre.
Os Wavy Gravies interpretan temas propios e versións de Link Wray, Bo Diddley, Flamin’ Grovies ou Screaming Lord Sutch.