Louseiro celebra a Festa de San Antón con tres días de música, tradición e relixión

A parroquia de Louseiro, no Concello de Sarria, prepárase para vivir un ano máis a súa tradicional Festa de San Antón, que terá lugar os días 7, 8 e 9 de xuño de 2025.
Unha cita xa consolidada no calendario festivo da comarca e que combina actos relixiosos, gastronomía popular e actuacións musicais para todos os públicos.
As celebracións comezarán o sábado 7 de xuño, cunha pancetada e queimada amenizada polo dúo Trazos, que marcarán o inicio dunha fin de semana de festa.
O domingo 8, día grande das festas, a xornada arrincará ás 13:30 horas coa misa maior, seguida de procesión e sesión vermú coa Banda de Música Comarca de Sarria. Pola tarde, ás 19:00 horas, haberá unha actuación infantil, e a partir das 22:30 horas terá lugar a gran verbena a cargo da orquestra Marbella.
O luns 9 de xuño, repetirase o esquema coas celebracións relixiosas ás 13:30 horas, seguida de sesión vermú co grupo Louband, que tamén será o encargado de pechar as festas coa verbena das 22:00 horas.