Louseiro prepárase para o Entroido con baile infantil e música en directo
SarriaXa
Desde a organización animan a todos os veciños e visitantes a asistir con moita enerxía e, por suposto, co seu mellor disfraz

19 Feb 2025
Louseiro prepárase para celebrar o entroido o vindeiro luns 3 de marzo, cando o colexio de Louseiro acollerá unha gran xornada de celebracións para todos os públicos.
A partir das 18.00 horas, os máis pequenos poderán gozar dun animado baile infantil, onde os disfraces serán os grandes protagonistas.
Pero a festa non rematará aí, xa que ás 23.00 horas a música tomará o protagonismo coa actuación do Dúo Trazos, que amenizará a noite cunha selección de cancións para gozar e bailar.
Desde a organización animan a todos os veciños e visitantes a asistir con moita enerxía e, por suposto, co seu mellor disfraz.