Lóuzara acolleu unha ateigada Feira da Artesanía, que contou co apoio da Deputación de Lugo

SarriaXa
A Feira da Artesanía da parroquia de Ponte de Lóuzara, en Samos, acolleu a presencia de artesáns que mostraron os seus oficios tradicionais en forma de obradoiros e talleres en directo.
Feira Artesanía Louzara Samos 2
18 Ago 2023

A Feira da Artesanía da parroquia de Ponte de Lóuzara, en Samos, acolleu a presencia de artesáns que mostraron os seus oficios tradicionais en forma de obradoiros e talleres en directo.

Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, achegouse ata a feira para comprobar coa alcaldesa de Samos, Chus López, e os diferentes profesionais da artesanía o seu labor e poñelo en valor.

Ademais dos diferentes postos de artesanía, tamén estivo presente un da Anpa do Ceip Samos con diferentes obxectos feitos polos nenos e nenas de Samos durante o campamento de verán.

As persoas que visitaron a feira, organizada pola Asociación Fonte da Cova e o Concello de Samos, puideron seguir demostracións de olería de Gundivós con Tomás López e cestería con María Folgueira, ademais de ollar e mercar outros produtos de elaboración artesá nunha contorna privilexiada.

0.15795993804932