Samos e Triacastela cubríronse de neve

A zona da montaña do sur de Lugo xa viu os primeiros copos de neve ao baixar as temperaturas por baixo de 0 mentres continuaban as precipitacións durante toda a noite. Así se puido ver no Concello de Samos e no Concello de Triacastela, que amenceron cubertos coa primeira nevarada do ano.