Lucía López recibiu o terceiro lote de produtos de primeira necesidade do Concello de Paradela

SarriaXa
O pasado mes de decembro, o Concello de Paradela aprobou a Ordenanza que regula a concesión de axudas por nacemento ou adopción
entrega-produtos-alcaldesa-Paradela
17 Xul 2024

O Concello de Paradela fixo entrega dun lote produtos de primeira necesidade á terceira nena nada no Concello de Paradela neste ano 2024.

O pasado mes de decembro, o Concello de Paradela aprobou a Ordenanza que regula a concesión de axudas por nacemento ou adopción consistente na entrega dun Lote de Produtos valorado en 200 euros e dunha axuda económica directa de 1.000 euros.

Esta axuda abónase en dous prazos: o 75 % cando se solicita e o outro 25 % cando se acredite residencia efectiva dun ano dende o nacemento.

O obxecto desta Ordenanza é o fomento da natalidade e da adopción coa finalidade de axudar a fixar poboación dentro do termo municipal.

A alcaldesa, Montserrat Mulet, fixo entrega deste lote de produtos a Lucía López Sindín, veciña de Paradela e orgullosa nai de Mía Vila López.

0.18012309074402