Lucía Pérez e Eva Iglesias presentan unha nova versión de A Sementeira

SarriaXa
O tema e o videoclip de A Sementeira viron a luz conxuntamente ás 22.00 horas da noite deste domingo 19 de xuño.
sementeira_luciaperez(1200_x_628_píxel)
20 Xuño 2022

O tema e o videoclip de A Sementeira viron a luz conxuntamente ás 22.00 horas deste 19 de xuño.

As cantantes Lucía Pérez e Eva Veiga están de estrea con esta versión renovada de A Sementeira, que presentaron neste 19 de xuño a través de varias plataformas como Youtube.

A artista de O Incio, Lucía Pérez, nas horas previas ao lanzamento da canción, manifestou a través das súas redes sociais a ledicia e emoción polo pouquiño que quedaba para que o público tivese acceso ao seu novo traballo. Pola súa banda, Eva Iglesias expresou os seus nervios ante a saída deste proxecto e lembrou que se poderá ver e escoitar en moitas plataformas como  Spotify, Youtube ou Instagram.

A Sementeira foi un éxito popularizado polo emblemático grupo Fuxan os Ventos en 1978.

 

 

 

asementeira_luciaperez
0.074426174163818