Lucía Rodríguez Pérez gaña a I edición do concurso 'Un Nadal con Sabor' do Concello de Sarria
SarriaXa
A I edición do Concurso de Sobremesas 'Un Nadal con Sabor' do Concello de Sarria xa ten gañadores despois de que o xurado decidira premiar a Lucía Rodríguez Pérez pola súa sobremesa 'Chegou Papá Noel!', que acadou o primeiro posto.
27 Dec 2023

Pola súa parte, Noelia López López presentou o seu 'Tronco de Nadal', co que conseguiu o segundo posto, mentres que Lourdes Viñas González-Zaera acadou o terceiro con 'Bosque Nevado'. Por último, María López Montespresentou 'Tarta de Queixo', que obtivo o 4º lugar.
Desde o Concello felicitan a todas as persoas participantes, aos que agradeceron o seu "esforzo, a ilusión e o traballo" e sostiveron que o vindeiro ano "haberá que dar máis premios visto o nivel dos reposteiros sarriaos".