Lugo acolle este mércores nunha nova cita do Correlingua a centros da zona centro da provincia

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
A actividade comezará ás 11:00h coa saída da marcha desde a praza de Santa María, conducida polo actor e presentador Fran Rei
a-mocidade-activa-correlingua-2025
27 May 2025

As rúas de Lugo acollerán este mércores, 28 de maio, unha nova cita do Correlingua 2025.

A actividade comezará ás 11:00h coa saída da marcha desde a praza de Santa María, conducida polo actor e presentador Fran Rei, que acompañará o alumnado participante ao longo do percorrido até a praza da Mosqueira, onde terá lugar o acto central.

Unha vez alí, ás 12:00h, Fran Rei dará comezo ao espectáculo coa súa presentación. Ás 12:05h, tomaralle o relevo a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, que dará a benvida aos centros asistentes.

A continuación, ás 12:15h, o alumnado do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes será o encargado de dar lectura ao manifesto do Correlingua 2025, elaborado nos obradoiros Desata a Lingua. Tras esta intervención, Fran Rei presentará a actuación musical da mañá.

Ás 12:25h, a Mekánika Rolling Band, gañadora do certame Cantalingua 2025, ofrecerá un concerto. O acto rematará arredor das 13:00h coa despedida a cargo de Fran Rei.

O Correlingua 2025 está organizado por CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a AS-PG, e conta co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Os centros participantes son  o IES Nª Sª dos Ollos Grandes - IES Ánxel Fole - IES Sanxillao – IES Muralla Romana – CEE Sta María –CEIP Rosalía de Castro- IES Lucus Augusti (Lugo); o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria; o CPI Luís Díaz Moreno de Baralla; o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz; o CPI de Cervantes; o CPI Dr López Suárez de Friol; o IES Castro da Uz das Pontes; o IES Basanta Silva de Vilalba; o San Mamede de Lousada de Guntín e o CEIP Plurilingüe de Lousada.

⚙ Configurar cookies
0.10561394691467