Lugo en Pé recrimina a Xunta a súa actitude para actuar contra a velutina

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A plataforma Lugo en Pé … en Defensa do Rural, que aglutina colectivos veciñais, agrarios, sociais e distintos tipos de entidades, afirman que continúan a recibir múltiples queixas relacionadas "coa inacción da Xunta de Galicia respecto a combater a praga da avespa velutina".
ninos velutina pastoriza1
23 sep 2023

A plataforma Lugo en Pé … en Defensa do Rural, que aglutina colectivos veciñais, agrarios, sociais e distintos tipos de entidades, afirman que continúan a recibir múltiples queixas relacionadas "coa inacción da Xunta de Galicia respecto a combater a praga da avespa velutina".

"Por parte da Xunta de Galicia non houbo ningún labor de prevención que puidese atenuar ou combater o que xa é unha praga xeneralizada en Galicia", din.

Indican que a velutina está a causar graves danos na viticultura, no sector frutícola e de forma especial á apicultura (que está a ver reducida a súa produción aproximadamente nun 50% en Galicia). Así mesmo, os danos ocasionados ás abellas condicionan enormemente a polinización.

"Pedimos que se coordinen os distintos departamentos da Xunta de Galicia. A retirada de niños corresponde a Emerxencias (Consellería de Presidencia). Os labores de prevención e combate da velutina son atribuíbles a Medio Rural. Ambos os departamentos pásanse a pelota mutuamente e non solucionan o problema", acusan.

"É desesperante ter que agardar en moitos casos dous meses para que se retire un niño de velutinas. Agora que vén o outono e son fáciles de localizar os niños, pedimos unha campaña de prevención e erradicación de niños de Velutina en Galicia".

Considérase que a velutina supón tamén un risco á saúde, xa que hai persoas alérxicas a estas picaduras, que teñen en risco a súa propia vida.  "Sería desexable, que a Xunta de Galicia establecese uns convenios coa Universidade, para tratar de buscar remedios ou solucións desde o punto de vista técnico e científico. Na actualidade de forma individual estanse a aplicar medios rudimentarios (trampas, mesturas de líquidos, velenos etc.)/ etc.) de dubidosa eficacia", engaden.

"Vemos á Xunta de Galicia desaparecida para tratar de solucionar este problema, que nos afecta gravemente a todos", conclúen.

0.15194487571716