Luís Celeiro Álvarez foi nomeado Valedor do Camiño onte en Samos

SarriaXa
El periodista, escritor y docente Luís Celeiro Álvarez fue nombrado Valedor do Camiño de Santiago el 23 de abril en Samos.
valedor camiño samos
24 Apr 2022

Onte, 23 de abril a Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos fizo entrega ao xornalista, escritor e profesor samonense Luís Celeiro Álvarez o recoñecemento como Valedor do Camiño.

Esta celebración estivo apoiada por 18 colectivos máis que quixeron poñer en valor o traballo e o mérito que ten o samonense tras o seu esforzo por promover, estudar e divulgar o Camiño de Santiago.

O acto deu comezo ás 12.45 horas no monasterio de Samos. No seu remate, ás 14.30 tivo lugar unha comida nun restaurante da localidade.

Este nomeamento estaba previsto que se celebrara no mes de decembro de 2020, pero a situación sanitaria impediuno e fixo que se adiara ata este mes de abril.

LUÍS CELEIRO
Luís Celeiro está licenciado en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid, é doutor en Socioloxía e Ciencia Política, pola Universidade de Santiago de Compostela.

Desenvolveu a súa actividade como xornalista en A Nosa Terra, o semanario Tempo Galego, correspondente de Diario 16 en Galicia, colaborador de La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego e O Correo Galego, xunto con outra serie de publicacións diarias e semanais.

Ademais, tamén ten distintas obras publicadas que teñen como eixo central o Camiño de Santiago.

0.15567898750305