Luis Lexandel Pita García recibirá un dos premios do XXIX certame literario Manuel Oreste Rodríguez López
O Concello de Paradela entrega o premio da XXIX edición do certame literario Manuel Oreste Rodríguez López, presentando o libro realizado cos traballos galardoados nun acto ao que acudirán distintas personalidades no centro sociocultural Manuel Oreste Rodríguez.
Neste caso, Luis Lexandel Pita García foi o gañador na modalidade de poesía, coa obra ‘Cuando sobre un bloque de luz cabalga tu voz’; mentres que o gañador en narrativa foi o pontevedrés Cristóbal Silva Poceiro, con ‘Misterioso asesinato nos cines vellos do norte’. Ademais, na categoría Camiño de Santiago, o vencedor foi o compostelán Jesús Curros Neira, con ‘O Camiño esquecido’.
Ademais, o xurado concedeu dous accésits e dúas mención de honra en cada categoría para autores de toda España, tanto de Galicia como do resto de comunidades.