Madame Bird será o primeiro dos grupos que actuarán esta fin de semana no Buril

SarriaXa
Madame Bird será un dos grupos que actuará esta fin de semana no Buril, en concreto, o venres, despois o sábado outros
concerto buril
concerto buril
4 Maio 2023

O Buril organiza dous eventos para esta fin de semana. O primeiro terá lugar o venres, da man de Madame Bird, e o segundo o sábado con tres bandas de música rock.

A primeira banda de música amenizará a noite, a partir das 23.00 horas, con música rocksteady e black music e terá un custo de entrada de sete euros.

Con respecto ao sábado, a partir das 21.30 horas o Buril abrirá as súas portas para acoller aos grupos Sound of silence, unha banda de melodic death metal; Absalem, de progresive metal, e Aneuma, grupo de música melodic death metal.

Para estes concertos, hai que reservar entrada anticipada e pagar unha cantidade de entre 10 e 12 euros.

0.086932897567749