Magosto, degustacións e música para promocionar a castaña no Incio
Este sábado 4 de novembro O Incio acolle o programa da promoción da castaña do GDR Ribeira Sacra – Courel. A iniciativa, que pretende impulsar a zona con actividades gratuítas para todos os públicos, chega ao local social do Concello, o antigo mercado gandeiro.
O programa comezará ás 19.30 horas cun showcooking e degustación de produtos do Destino Courel, como mel, castaña, queixo e porco celta. A continuación, a partir das 20.30 horas organizarase un magosto acompañado dunha actuación musical.
A xornada concluirá con coctalaría e unha sesión de Dj a partir das 21.30 horas. Trátase dunha iniciativa organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra – Courel coa que pretenden promover a castaña. A proposta, que se estreou en Samos, organizarase en dúas localizacións máis do Courel.