Máis de 1.000 persoas pasaron por Sarria percorrendo o Camiño Francés en Semana Santa

SarriaXa
Un ano máis, o Camiño de Santiago foi unha das actividades con maior éxito durante a Semana Santa, acollendo máis de 13.
Asociación Amigos Camiño Francés de Sarria
2 Abr 2024

Un ano máis, o Camiño de Santiago foi unha das actividades con maior éxito durante a Semana Santa, acollendo máis de 13.500 peregrinos que chegaron a Santiago de Compostela, segundo os datos da Oficina do Peregrino; o que achega datos similares aos recollidos na mesma festividade do ano pasado.

A pesar do intenso temporal, persoas procedentes de todos os puntos de España e de fóra acudiron a percorrer os diversos camiños que forman o Camiño de Santiago, sendo o Francés un dos máis solicitados.

Así, Jorge López, presidente da Asociación Amigos do Camiño de Sarria, sostén que “sobre todo o primeiro fin de semana, o 20 e 21 de marzo, a afluencia de xente foi espectacular, superando as 1.000 persoas que pasaron por Sarria diariamente”, explica. Di que tamén foron moitos os que percorreron o Camiño durante a semana, do luns ao Domingo de Pascua; porén, menos dos esperados debido ao tempo meteorolóxico”. Así, argumenta que moitos decidiron comezar o Camiño Francés en Ponferrada ou desde máis lonxe e “a neve de Pedrafita retrasounos debido ao frío”, explica, “polo que pararon en Sarria e decidiron deixar o Camiño porque xa non lles daba tempo a rematalo, para recuperalo en verán”.

Pese ao mal tempo, desde a Asociación sosteñen que foi “un bo arranque de tempada”, xa que “se non fora pola neve, a chuvia e o frío, superariamos os datos do ano pasado” e iso semella que o verán virá cargado de novos peregrinos que se sumarán ao Camiño, cada vez máis valorado entre as actividades para desfrutar durante as vacacións.

0.19508409500122