Máis de 1.600 parcelas de Friolfe, no Páramo, serán reestruturadas despois de ser declarada de utilidade pública

SarriaXa
Máis de 1.600 parcelas de Friolfe, no Páramo, serán reestruturadas despois de ser declaradas de utilidade pública
Friolfe O Páramo
9 Jun 2023

A reestruturación parcelaria da zona de Friolfe, no Páramo, foi declarada de utilidade pública no Diario Oficial de Galicia, polo que se reorganizará unha superficie de 933 hectáreas repartidas en 1.618 parcelas propiedade de 211 veciños.

Este decreto publícase en aplicación da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción. De feito, o municipio do Páramo sitúase na comarca de Sarria, que destaca pola importancia do seu sector primario cunha relevante implantación de explotacións gandeiras.

Ademais, o texto declara a área de reestruturación como zona de actuación agraria prioritaria. Establece tamén que, conforme á Metaga, a reestruturación parcelaria será obrigatoria para todas as persoas propietarias e titulares de dereitos e situacións xurídicas sobre terreos comprendidos dentro do perímetro de concentración, así como para os operadores públicos e privados de redes de subministración, infraestruturas e aproveitamentos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16061592102051