Máis de 134 artistas expoñen as súas obras na Bienal de Sarria ata o vindeiro 27 de xullo

SarriaXa
Sarria acolle a Bienal despois de catro anos sen celebrarse ata o vindeiro 27 de xullo con 134 artistas de 25 países
Bienal Sarria
6 Xul 2023

A 12ª edición da Bienal de Sarria volve á antiga prisión de Sarria despois de catro anos sen celebrarse, e manterase ata o vindeiro 27 de xullo.

O horario de apertura para que as persoas interesadas visiten a exposición é de 11.00 a 17.00 horas, durante as cales poderanse ver cubos de 20x20 centímetros deseñados por 134 artistas de 25 países do mundo.

A temática destas reproducións artísticas é libre, así como a súa técnica, polo que haberá pinturas, collage, fotografías, resina, gravado e debuxo; que forman parte de 'Explo3', unha mostra itinerante que naceu no 2020 en Casablanca.

Ademais desta, a antiga prisión tamén acolle a exposición permanente 'El árbol interior', do escultor sarriao José Díaz Fuentes, que reúne 300 obras, algunhas das cales xa estiveron expostas no Museo Provincial de Lugo.

0.17600703239441