Máis de 200 deportistas recibirán os premios da Vicepresidencia da Deputación

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Xunta de Goberno aprobou a resolución provisional dos premios a deportistas individuais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cun investimento total de 100.
_escolas deporte
12 Ago 2023

A Xunta de Goberno aprobou a resolución provisional dos premios a deportistas individuais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cun investimento total de 100.000 euros,  o que supón incremento de case un 20 por cento respecto a anualidade pasada.

O incremento da contía tradúcese no número de deportistas que reciben as bolsas, 230, 45 máis que na convocatoria anterior. Trátase de premios entre os 300 e os 2500 euros, que teñen como obxectivo recoñecer os méritos e fomentar a participación de deportistas de modalidades individuais en competicións, sobre todo nas categorías de base.

O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “a convocatoria trata de responder sobre todo ás necesidades de deportistas en etapas de formación, contribuíndo a colaborar nuns gastos que atenden fundamentalmente as familias,  desde licenzas ou inscricións en competicións ata transporte ou material deportivo”  e lembrou que “se reservan un 7 por cento das bolsas para deporte adaptado, reforzando o potencial  inclusivo do deporte”.

As contías asígnanse en función dos resultados deportivos acadados en probas e campionatos en cada nivel de competición, desde campionatos provinciais ata europeos e mundiais, ao longo de 2022.

A resolución publicarase no Boletín Oficial da Provincia ao longo da vindeira semana.

0.1554479598999