Máis de 200 persoas participarán no Xacorun, a carreira entre Sarria, Paradela e Portomarín

LugoXa | SarriaXa
A Xunta apoia un ano máis a iniciativa Xacorun, unha carreira entre Sarria, Paradela e Portomarín que se desenvolverá o próximo 3 de marzo organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club.
Xacorun Sarria
28 Feb 2024

A Xunta apoia un ano máis a iniciativa Xacorun, unha carreira entre Sarria, Paradela e Portomarín que se desenvolverá o próximo 3 de marzo organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club. A actividade conta con más de 200 persoas inscritas. A proba, que se presentou en Sarria, transcorrerá polo trazado do Camiño de Santiago. Haberá tres modalidades: dúas carreiras individuais - unha de 23 quilómetros e outra de 10 -; e unha de remudas de 23 quilómetros.

A carreira de 23 quilómetros individual sairá ás 9.30 horas da praza do Concello de Sarria; mentres que a de 10 quilómetros partirá ás 10.30 horas desde o lugar de Mirallos. En canto á de remudas, os corredores sairán ás 9.30 horas desde Sarria e farán o cambio coa parella en Mirallos. A meta estará en Portomarín. A organización entregará trofeos e medallas nas diferentes categorías.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15647101402283