Máis de 250.000 euros para ampliar a biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
A Biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acollerá obras para ampliar a súa capacidade e duplicar a superficie das instalacións, que pasarán de 90 a 200 metros cadrados.
Os traballos, adxudicados á empresa Cíes Obra Civil SL por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que investirá 267.912 euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nesta execución; durarán tres meses e medio.
Así, as novas instalacións acollerán catro espazos distintos dentro da mesma sala: unha parte para o estudo, outro para unha zona de traballo en equipo, un habitáculo de lectura relaxada e outra de polos creativos.
A intención das obras, que esixirán que cambien de sitio o despacho de dirección e a xefatura de estudos, é rematar con elas aos comezos do vindeiros curso escolar, en setembro de 2023.