Máis de 300 estudiantes da comarca de Sarria celebraron o Día da Poesía

Máis de 300 estudantes de trece centros educativos da comarca de Sarria reuníronse na Praza da Vila de Sarria para celebrar o Día da Poesía.
Este evento, impulsado polo IES Gregorio Fernández co respaldo do Concello de Sarria, rendiu homenaxe á figura de Eduardo Rey Mouriz, profesor que deixou unha pegada imborrable na comunidade educativa, e tivo a auga como eixo central, xa que o alumnado presentou versións propias de poemas relacionados coa auga.
A xornada incluíu ademais a intervención do escritor e docente Xurxo Souto, quen destacou a importancia da creatividade e a diversidade cultural.
Os alumnos do centro anfitrión e os guitarristas da Escola de Música de Sarria pecharon o acto cunha emotiva interpretación musical, reforzando o mensaxe de que “Sarria é un pobo de artistas”, nas palabras de Souto.