Máis de 300 ximnastas participaron do XXIII Torneo Vila de Sarria organizado polo Club Xirandela

SarriaXa
O Club de ximnasia rítmica Club Xirandela de Sarria celebrou este pasado mércores o seu XXIII Torneo Vila de Sarria, no que ademais conmemoraron o seu 25 aniversario, reunindo a máis de 300 ximnastas de diversos clubes galegos e de Léon.
Club Xirandela Torneo Vila de Sarria
Club Xirandela Torneo Vila de Sarria
5 Maio 2024

O Club de ximnasia rítmica Club Xirandela de Sarria celebrou este pasado mércores o seu XXIII Torneo Vila de Sarria, no que ademais conmemoraron o seu 25 aniversario, reunindo a máis de 300 ximnastas de diversos clubes galegos e de Léon.

Así, o pavillón José Mario González do Chanto encheuse de público, veciños e veciñas, familias dos ximnastas e interesados no deporte para desfrutar dun torneo cheo de emocións.

Desde o Club Xirandela deron as grazas a todas as persoas que se achegaron polo apoio, “desde colaboradores ata pais, nais, adestradores e ximnastas que fixestes que isto fose posible; así como ao Concello de Sarria pola colaboración e o detalle de recoñecemento do noso aniversario”, sostiveron.

Os resultados da competición deixaron varias medallas de ouro para Iniciación M Nivel B, Cadete Nivel B, Iniciación Escolar, Prebenxamín Escolar, Benxamín Escolar, Alevín P Escolar, Infantil Escolar, Cadete Escolar e Infantil Promoción.

Con respecto ás medallas de prata, estas foron conseguidas por Iniciación P Nivel B e Alevín M Nivel B; mentres que as de bronce foron para Alevin P Nivel B e Alevín M Escolar.

0.15472388267517