Máis de 50 familias participaron na primeira sesión formativa sobre compostaxe doméstica en Sarria

SarriaXa
"A sesión foi todo un éxito de participación e supón un importante avance na redución dos residuos orgánicos", defenden desde o Concello
compostaxe-doméstica-Sarria
10 Apr 2025

Máis de 50 familias de Sarria participaron na primeira sesión formativa sobre compostaxe doméstica organizada polo Concello, que incluíu a entrega dos seus respectivos composteiros, aireadores e manuais de uso.

"A sesión foi todo un éxito de participación e supón un importante avance na redución dos residuos orgánicos que rematan no colector convencional", explican desde o Concello.

Grazas á compostaxe, estes restos transformaranse nun valioso abono natural para hortas, xardíns e plantas, promovendo así a economía circular e o coidado do medio ambiente.

Desde o Concello de Sarria animan a toda a veciñanza a sumarse á iniciativa e lembran que é imprescindible asistir á sesión formativa para aprender a utilizar correctamente o composteiro e aproveitar ao máximo os seus beneficios.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da web https://sarria.rsu.gal e esperar á próxima convocatoria. Para máis información, tamén se pode contactar no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico residuos@sarria.gal.

⚙ Configurar cookies
0.16842699050903