Máis de 600 persoas participaron da carreira de obstáculos Pretorian Race de Sarria

SarriaXa
A carreira de obstáculos Pretorian Race que se desenvolveu este pasado sábado no campo de rugby de Sarria congregou a máis de 600 persoas que participaron na carreira de 8 quilómetros e que incluíu 40 obstáculos.
Pretorian Race 2024 1
7 Maio 2024

A carreira de obstáculos Pretorian Race que se desenvolveu este pasado sábado no campo de rugby de Sarria congregou a máis de 600 persoas que participaron na carreira de 8 quilómetros e que incluíu 40 obstáculos.

Os organizadores, Thor López e Alberto Piñeiro, da asociación Pretorianos Club, defenden que foi "todo un éxito de participación", xa que "á xente gustoulle moito, incluso despois de que se elevara un pouco a dificultade con respecto á edición do ano pasado", explican. Así, comentan que houbo un retorno económico de 200.000 euros para a comarca de Sarria, tendo en conta a cantidade de participantes e acompañantes que acudiron á cita e que se quedaron a durmir nos diferentes establecementos hostaleiros do municipio e arredores.

Así, das 600 persoas participantes, había persoas de Sarria, da provincia de Lugo, pero tamén de fóra de Lugo, sendo moitas de concellos de arredor de Galicia así como outras 150 persoas de fóra de Galicia.

Entre as categorías de participación, houbo a de elite, para corredores de alto nivel que participan en ligas nacionais, europeas e mundiais e dúas modalidades populares, a started e por equipos. Os gañadores na categoría started ou individual masculino foron Christian Zarta Muñoz, Romel Agreda Castro e Javier Barrientos Oreiro; mentres que na categoría feminina foron Fuencisla Vaquero Iglesias, Olalla González Álvarez e Verónica Vázquez Grande.

Os corredores comezaron a carreira desde o campo de rugby de Sarria e tiveron que atravesar camiños, leiras, un cortado vertical e cruzar un río e rematar nun Combo Final de 14 metros. Ademais, a xornada rematou coa entrega de trofeos e a actuación do grupo de música Louband.

O ano que vén a Pretorian Race cumpre 5 anos e desde Pretorianos Club explican que queren extender o evento a toda a fin de semana, sendo o sábado o día principal. Ademais, sosteñen que foi "un acerto" unir os tres eventos da Pretorian Race, o Rally de Regularidad Vila de Sarria e a Feira de Antigüidades, xa que "é importante poder desfrutar de todo xunto porque así os visitantes coñecen máis e mellor o que ofrece Sarria", destacaron.

0.16794610023499