Máis de 700 alumnos da comarca de Sarria celebraron o Día da Poesía
SarriaXa
Máis de 700 alumnos da comarca de Sarria celebraron o Día da Poesía nun acto multitudinario que tivo lugar na praza da vila
22 Mar 2023
A Praza da Vila de Sarria acolleu un multitudinario evento de celebración do Día da Poesía.
En total, xuntou a máis de 700 alumnos da comarca para lembrar ao poeta da Terra Chá, Manuel María.
O evento, organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Gregorio Fernández contou coa colaboración do Concello de Sarria.
Ademais, reuniu a estudantes de 13 centros educativos: IES Gregorio Fernández, EEI Xela Arias, CEIP Antonio Fernández López (Oural), CEIP Eduardo Cela (Triacastela), CEIP Frei Luís de Granada, CEIP do Páramo, CEIP Ricardo Gasset (O Incio), CEIP de Samos, CEIP San Miguel (Paradela), CPR A Asunción, CPR A Merced, CPI Ramón Piñeiro (A Pobra de San Xillao) e IES Xograr Afonso Gómez.