Máis de 85 persoas participaron da excursión a Portugal organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Paradela

SarriaXa
Máis de 85 persoas participaron da excursión a Portugal organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Paradela
Asociación Mulleres Rurais Paradela viaxe Portugal
23 Maio 2023

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organizou unha excursión a Portugal esta fin de semana na que participaron 86 persoas, tanto socias como non socias, para desfrutar dunha xornada en Vila Nova de Cerveira.

Así, visitaron esta cidade, desfrutando da feira e logo, ao mediodía, foron ata Valença para comer o típico bacallau. Pola tarde, visitaron Ponte de Lima, coñecida por ser un dos sitios máis antigos de Portugal e xa regresaron cara a Paradela pola noite.

Desde a asociación indican que foi "unha experencia interesante" e que o pasaron moi ben, compartindo tempo con outras persoas e visitando lugares "fermosos".

0.1348090171814