Máis de cen persoas participan na II Xornada de divulgación sobre Cova Eirós en Triacastela

A localidade de Cancelo, en Triacastela, acolleu onte a II Xornada de divulgación sobre Cova Eirós, que contou cunha ampla resposta veciñal e reuniu a máis de cen participantes.
O programa incluíu unha charla das arqueólogas arredor de A importancia dunha cova única en Galicia, na que se destacou o valor patrimonial e científico deste xacemento paleolítico.
Ademais, a cita completouse cunha sesión de cinema ao aire libre que permitiu gozar da preestrea do documental O camiño de Cova Eirós.
Os organizadores salientaron o éxito da convocatoria, que contribúe a dar visibilidade ao patrimonio arqueolóxico de Triacastela e a reforzar o vínculo da veciñanza coa súa historia.