Malditos Roedores compite nun certame dixital co tema 'Xa non podo co covid'

SarriaXa
O concurso promóveo a empresa de cervexa artesanal galega Galician Brew en colaboración con Rock in Río Tea, o festival de música de Ponteareas
malditos roedores 7
22 Mar 2021

Malditos Roedores, de Sarria, participa nun concurso de bandas galegas, en formato dixital, co seu tema 'Xa non podo co covid', a súa versión da canción 'No puedo vivir sin ti' de Los Ronaldos que compuxeron durante o confinamento.

O certame promóveo a empresa de cervexa artesanal galega Galician Brew en colaboración con Rock in Río Tea, o festival de música de Ponteareas. O grupo gañador recibirá 1.000 euros e terá a oportunidade de dar un concerto nas instalación da empresa organizadora.

No concurso participan 60 grupos de toda Galicia, de entre os que sairán 20 finalistas: dez elixidos por votación popular, ata o 15 de abril na web de Galicia Brew, e outros dez elixidos por membros de Rock in Río Tea.

O tema 'Xa non podo co covid', que interpretan Olalla Losada, Noelia González, Nerea Iglesias e Borja López, sitúase polo de agora en terceira posición, con máis de 1.200 votos, e moi preto dos segundos clasificados, a banda Dark Diamond.

Malditos Roedores, creado no ano 2018, compuxo durante o confinamento a versión coa que agora concorren a este concurso, un tema que naquel momento soou desde moitos balcóns de Sarria, cada tarde ás 20.00 horas.

0.14169907569885