'Malicounda Teranga', unha feira solidaria para acercar Sarria a Senegal

SarriaXa
A praza de Santa Marina será o 21 de maio o escenario dunha feira solidaria de temática africana organizado por Hospitaleros sin Fronteras
Hospitaleros2
19 Maio 2022

A praza de Santa Marina será este sábado 21 de maio o escenario de un market solidario de temática africana organizado pola ONG sarriana Hospitaleros sin Fronteras. A feira, que se vai celebrar durante toda a xornada dende as 12.00 ata as 20.00 horas, contará cunha serie de actividades culturais e lúdicas para todos os públicos.

“En decembro fixemos algo parecido no Incio gracias á colaboración da asociación As Xeitosas e quedamos moi contentos co resultado”, explica Nuria Candela, encargada das redes sociais e do contacto cos medios de comunicación de Hospitaleros sin Fronteras, aínda que ela mesma explica que “somos unha ONG pequeña, casi familiar, na que todos temos que facer un pouco de todo e axudar no que se poida”.

ARTESANÍA DE SENEGAL

A iniciativa, bautizada como Malicounda Teranga polos seus promotores, reunirá postos de ropa, libros, complementos e xoguetes de segunda mán doados á ONG e artesanía do Senegal traída da última viaxe realizada polos seus voluntarios, do 18 de febreiro ao 4 de marzo. Telas africanas, bolsos, carteiras, cestería e obxectos varios de decoración, entre outras cousas, compoñen a oferta de produtos artesáns do Senegal.

Precisamente contar con esas pezas de artesanía foi un dos motivos que propiciou que o market solidario celébrese este sábado. “Como en febreiro íbamos a Senegal, plantexámonos traer moita artesanía de alí que aquí é difícil conseguir. Así podiamos dar máis contido á feira e facer algo máis de verán, ao aire libre e con más incentivos”, destaca Nuria Candela.

PINTACARAS PARA OS NENOS

Seguindo esa idea, a xornada completarase con moitas máis actividades. Os máis pequenos desfrutarán tanto pola mañá como pola tarde dun pintacaras para tratar de se transformar no animal da selva africana que desexen, mimetizarse coa natureza ou incluso crear a súa propia persoaxe e dar renda solta ao artista que levan dentro.

MÚSICA E COMIDA TÍPICAS

O DJ Batista será o encargado de amenizar a sesión vermú, de 13.00 a 15.00 horas cunha sesión de música africana. Os asistentes non só poderán bailar os interesantes ritmos africanos senón que tamén poderán degustar unha tapa de Yassa Poulet, un prato tradicional senegalés baseado no arroz e no polo pero que ten o seu gran secreto particular no proceso de elaboración.

O grupo Batuko Tabanka, formado por mulleres caboverdianas afincadas en A Mariña, será o encargado de cerrar esta feira solidaria promovida por Hospitaleros sin Fronteras a partires das 18.00 horas. A formación incorpora á súa música a realidade de dous pobos, Cabo Verde e Galicia, separados no mapa por casi 3.500 kilómetros pero que a pesar da distancia e de ser dúas culturas tan diferentes comparten un mismo océano e moitas coincidencias. Así, as voces e os bailes de Batuka Tabanka son tamén unha perfecta mestura do Aturuxo tradicional galego e a Batuka, o grito propio das mulleres esclavas e negras tras a colonización das súas terras e o asentamento luso.

MALICOUNDA TERANGA

O nome elixido para este evento, Malicounda Teranga, ten unha realización moi especial coa ONG sarriana. Malicounda fai referencia a unha das rexións onde coopera e traballa Hospitaleros sin Fronteras e onde na actualidade está construindo un centro para instalarse e que ao mesmo tempo dispoña de aulas e unha enfermería. Mentres, Teranga é máis un sentimento que unha palabra. Algo semellante á morriña ou á saudade portuguesa. Trátase da sensación de hospitalidade que ofrece aos seus visitantes un país formado por moi diversas etnias pero que manteñen un forte sentimento de pertenza á súa comunidade e que se toleran e respetan nunha convivencia diaria exemplar.

MÁIS VISIBILIDADE E SOCIOS

Na feira solidaria non podería faltar un posto da propia ONG sarriana para explicar o seu traballo en Senegal e a súa loita e defensa polos nenos talibé, unha labor que realiza dende a súa fundación no ano 2015.

Ese posto será, sen dúbida, unha das partes máis importantes da Malicounda Teranga, a lo menos para os seus promotores. “Imos ter un stand onde explicar o que facemos e que nos coñezan un pouco máis os habitantes de Sarria. A idea dunha feira como esta é aumentar o número de socios da ONG, o que nos vai permitir manter as tareas a longo prazo. Ademais, neste caso concreto tamén buscamos recadar fondos para un centro que estamos a construir agora mesmo en Malicounda”, subliña Nuria Candela.

OS NENOS TALIBÉ

Talibé significa nunha traducción textual 'Alumno'. Os nenos Talibé son rapaces de Senegal aos que os seus país non poden manter e deciden enviar a estudar o corán a unha Daara lonxe da súa casa, deixándoos ao coidado dun Marabout ou maestro. A realidade e que os Talibé convírtense en nenos sen infancia nin dereitos pero sí obrigas. Teñen que recorrer descalzos as rúas da cidade, cun inseparable bote de plástico nas súas mans onde a comida e as moedas escasean. O acabar a xornada regresan á Daara onde o Marabout agarda por eles para recoller o recaudado e rezar.

“E así disfrázase como unha educación inexistente unha práctica moderna de escravitude infantil”, sentencian nas súas redes sociais os responsables da ONG Sarriana, unha iniciativa que naceu para axudar as familias máis desfavorecidas das zonas rurais de África pero que na actualidade, tras coñecer de primeira man a realidade dos nenos Talibé, centra os seus esforzos neste colectivo.

0.16912508010864