Malkeda e Javi Metals protagonizarán unha noite de música no Buril de Sarria este sábado

A ACDE O Buril volve apostar pola música en directo cunha proposta contundente para os amantes do rock máis auténtico. Este venres 24 de maio, o seu local converterase no epicentro dunha noite de enerxía pura cun concerto que promete deixar pegada.
As bandas convidadas, Malkeda e Javi Metals, están listas para ofrecer unha actuación explosiva, sen concesións nin artificios, cun son directo e cargado de potencia.
As portas abrirán ás 22:00 horas e o concerto comezará media hora despois, ás 22:30. A entrada terá un prezo único de 10 euros, un pequeno investimento para unha noite de boa música, vibracións intensas e conexión coa escena máis viva do rock local.
Desde O Buril fan un chamado a rockeiros, camiñantes e a toda esa xente que ten fame de concertos auténticos e sen aditivos. “Non te podes perder esta descarga brutal de enerxía e boa vibra”, anuncian.