Maña celébranse en Paradela varios actos en colaboración co Xacobeo 21-22
Maña 17 de setembro, a Orde do Camiño de Santiago da que é presidente Miguel Pampín Rúa, presentará o proxecto Capítulo en Paradela, dentro do ciclo Coñece os Camiños.
Consiste nunha serie de actos nos que colaboran a Xunta de Galicia, o Xacobeo 21-22 e o concello de Paradela, que terán lugar no centro sociocultural Manuel Rodríguez López da capital do concello a partir das 11.30 horas coa recepción por parte das autoridades de Paradela aos membros da Orde.
Despois da proxección dun vídeo sobre o Xacobeo 2021-2022, pronunciaranse varias charlas: unha de Xaime Félix López Arias-Arlindo (historiador) sobre Paradela e a Orde dos Cabaleiros de Santiago,
outra a mans de Noelia Fernández Ferreira (directora da Orden) sobre O Camiño de Santiago. Comportamento dos peregrinos e unha última que correrá a cargo de Carmen Rivas Fernández (cun postgrao en Prevención de Riscos Laborais e Saúde medioambiental) sobre Impacto e prevención no Camiño de Santiago.
Haberá a continuación unha actuación musical e un almorzo-degustación de produtos da comarca arredor das 15.45 horas e realizarase unha visita guiada ao lugar de Loio, na parroquia de Cortes para visitar a Capela de Santa María e lembrar o histórico mosteiro no que naceu a Orde dos Cabaleiros de Santiago. Os actos rematarán ás 17.30 horas.