Comeza o Campus do Nadal do CB Sarria, que inclúe diversas actividades
Mañá comeza o primeiro Campus do Nadal, do CB Sarria, que terá lugar entre os días 26 e 29 de decembro na vila, que contará con intensos adestramentos para todos aqueles nenos e rapaces de entre 8 e 17 anos que queiran seguir formándose no baloncesto durante o Nadal, á par que pasan un tempo divertido.
Por isto, desde o CB Sarria apostan pola calidade á hora de elixir os adestradores que os acompañarán do 26 ao 29 de decembro, entre os que se atopan Raquel Salgado, Carlos Maceiras, que é profesor da Escola Galega de Adestradores e será adestrador no Campus; Adrián López, que será adestrador e coordinador do Campus do Nadal, e Miguel Ángel Hoyo Ramos, director de diversos Campus de baloncesto e será adestrador do Campus do Nadal de Sarria.
Ademais, anunciaron que o director técnico e outro dos adestradores será Juan Norat Estévez, con máis de 20 anos mellorando xogadores e equipos, polo que desde o club din que é "un verdadeiro activo para o noso club, do cal é o actual director deportivo".
Ademais, os participantes terán permiso de acceso diario á piscina climatizada para que, así, despois dos adestramentos, poidan relaxarse nas instalacións da piscina de Sarria.