Mañá sábado Santalla de Alfoz celebra o seu castañazo

SarriaXa
Mañá sábado a parroquia de Santalla de Alfoz celebra o seu castañazo con cantos de campo, unha cea e música
castanas magosto
11 Nov 2022

O Castañazo chega maña sábado 12 de novembro á parroquia de Santalla de Alfoz, en Triacastela.

Os actos comezarán ás 19.00 horas cos cantos de campo acompañados de instrumentos musicais coma gaitas, tambores e demais.

Ás 21.00 horas está prevista a organización dunha cea con touciño marelo, chourizo da medida, freba de cocho, castañas con roncos e viño picado.

Todo isto irá amenizado por unha foliada que terá lugar a partir das 23.00 horas da man de Magalí Piedra e o Dúo Matices.

O acto contará con carpa cuberta para tódolos asistentes en caso de choiva, un cañón de calor para o frío e unha mesa de xogos infantís para que tódolos cativos pasen un bo rato mentres desfrutan das mellores castañas e moita música.

Espérase moi boa acollida deste evento por parte de tódolos veciños e veciñas da zona de Triacastela.

castanazo triacastela
0.15955591201782