Manuel Darriba leva o seu contacontos 'Pedro, o piloto de gaivotas' ao colexio da Asunción de Sarria

SarriaXa
A obra aborda a temática da diversidade funcional e a inclusión de forma accesible e atractiva para os máis pequenos
Manuel-Darriba-piloto-de-gaivotas-Escairón
22 Jan 2025

A Plataforma de Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria, en colaboración co colexio Asunción de Sarria, promoverá unha actividade de contacontos con motivo da súa campaña de sensibilización sobre a diversidade funcional e a inclusión.

O escritor Manuel Darriba será o encargado de levar a cabo as sesións de contacontos, presentando o seu libro 'Pedro, o piloto de gaivotas', unha obra que aborda a temática da diversidade funcional e a inclusión de forma accesible e atractiva para os máis pequenos.

A actividade realizarase durante esta mañá de mércores, ás 12.00 horas, 12.30 horas e 13.00 horas; e o xoves 23 terán lugar ás 12.15 horas e ás 12.45 horas.

A xornada busca sensibilizar aos nenos e nenas sobre a importancia de respectar e integrar á diversidade, promovendo un ambiente de comprensión e inclusión.

0.16337990760803