Manuel Espín, con 93 anos, foi a persoa de maior idade en exercer o seu dereito a voto en Triacastela

SarriaXa
Manuel Espín, con 93 anos, foi a persoa de maior idade en exercer o seu dereito a voto no municipio de Triacastela
maior de Triacastela votando
24 Jul 2023

As Eleccións Xerais deste domingo convocaron a máis de 42 millóns de españois maiores de idade a exercer o seu dereito a voto, unha xornada na que se deixaron ver persoas moi novas como maiores.

No caso do Concello de Triacastela, o veciño Manuel Espín Fernández foi a persoa de maior idade que decidiu achegarse ao seu colexio electoral e depositar o seu voto nun momento no que os presentes agradeceron a súa presenza.

Os seus 93 anos de idade non lle impediron participar da festa da democracia, que en Triacastela chamou ás urnas a máis de 600 habitantes. Así, desde os colexios electorais trasladouse a mensaxe de que a xornada transcorreu con total normalidade e sen altercados.

0.1244912147522