Manuel F. Rodríguez presenta a súa nova novela, baixo o título de 'A Muller do Muro'

O vindeiro venres 14 de febreiro, ás 20.00 horas, terá lugar a presentación da novela A Muller do Muro, escrita por Manuel F. Rodríguez, na Casa da Cultura de Sarria.
No acto intervirán César No, responsable de Acción Cultural do Concello de Sarria; Teresa López, profesora de Lingua Galega; e o propio autor, Manuel F. Rodríguez.
Este evento literario conta coa colaboración do Concello de Sarria e da editorial Bolanda.
Trátase dunha oportunidade única para coñecer de primeira man esta obra e o seu proceso de creación, así como para debater co autor sobre o seu contido.