Marco Veiga Amado foi o gañador absoluto do Campionato de Galicia DH Molinos

SarriaXa
Marco Veiga Amado foi o gañador absoluto do Campionato de Galicia DH Molinos que tivo lugar este fin de semana no Páramo
gañador campionato galego dh molinos
12 Xuño 2023

Esta fin de semana tivo lugar o descenso en bicicleta DH Molinos Campionato Galego nos montes do Páramo, no que participaron setenta e tres deportistas que se enfrontaron a diversos obstáculos subidos á motocicleta.

Así,durante o sábado, día 10, as persoas participantes levaron a cabo os seus adestramentos de 15.30 a 19.30 horas, mentres que o domingo foi de 8.30 a 10.30 horas, para dar lugar, á manga clasificatoria o domingo ás 11.00 horas e a manga final ás 12.30 horas.

Nesta edición, o gañador absoluto foi Marco Veiga Amado, o número  64 e de Ciclosquintena, quen foi seguido de Iván Mourelo, do equipo DH Galicia, e Víctor Mariño, de X Bikes; ademais doutras 70 persoas máis que participaron deste evento.

0.16728186607361