Marcos Vázquez Marey destaca o papel vivo dos museos galegos no encontro sobre centros museísticos

No marco do encontro sobre centros museísticos de Galicia, Marcos Vázquez Marey, director de MUVICLA, lanzou unha mensaxe clara: os museos non son só espazos de conservación, senón institucións vivas con capacidade para xerar coñecemento, fortalecer a memoria colectiva e dinamizar cultural e socialmente o territorio.
A xornada estivo presidida por José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, quen estivo acompañado por Anxo Lorenzo, director Xeral de Cultura, e María del Carmen Calviño Rodríguez, subdirectora xeral de Arquivos e Museos.
Durante o encontro confirmouse que o futuro dos museos galegos pasa por sumar capacidades, construír unha marca cultural compartida e avanzar con visión estratéxica, na que MUVICLA pode e debe ser parte activa deste proceso.