María Campo, Tareixa Campo e Yolanda Álvarez protagonizarán unha mesa redonda no Incio
SarriaXa
O Incio acolle para este 9 de marzo, sábado, unha mesa redonda polo Día Internacional da Muller co anterior visionado da película 'Matria'.
7 Mar 2024
O Incio acolle para este 9 de marzo, sábado, unha mesa redonda polo Día Internacional da Muller co anterior visionado da película 'Matria'.
María Campo, Tareixa Campo e Yolanda Álvarez son as mulleres convidadas a esta mesa redonda que, tras a proxección do filme deseñarán xunto coas persoas asistentes unha páxina na que se recolléran os aspectos máis importantes da muller no rural, a muller nas artes e no teatro, e a muller na sociedade actual. Esta nova páxina axudará a loitar contra o que Chimamanda Ngozi Adichie critica no seu libro El peligro de la historia única.
Así, as persoas interesadas poderán achegarse e participar desta iniciativa proposta pola Furgoteca de forma gratuíta de 18.00 a 20.00 horas no edificio do Concello do Incio.