María José Gómez visitou o Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria de Láncara
SarriaXa
A conselleira salientou ademais o labor de Marcos Vázquez, presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo
12 Out 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou a importancia de coñecer e poñer en valor a historia e a tradición
do agro galego como mellor forma de cimentar o seu presente e garantir a súa proxección futura.
Foi durante a súa visita ás instalacións do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), situado na localidade lucense de Láncara e que reúne unha escolma de maquinaria agrícola clásica, entre outras pezas.
Neste acto, no que estivo acompañada polo alcalde lancarao, Darío Piñeiro, a conselleira salientou ademais o labor de Marcos Vázquez, presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e titular da explotación agraria onde se atopa integrada esta colección.