Mateo Fernández, da AC Taekwondo de Sarria, conseguiu quedar finalista no Open de España

SarriaXa | LugoXa
Mateo Fernández, alumno da AC Taekwondo de Sarria, vén de conseguir a 3ª posición na categoría Júnior do Open de España que se celebrou en La Nucia, Benidorm.
Mateo Fernández Open España Taekwondo Ac Sarria
5 Apr 2024

Mateo Fernández, alumno da AC Taekwondo de Sarria, vén de conseguir a 3ª posición na categoría Júnior do Open de España que se celebrou en La Nucia, Benidorm.

Entre os 20 participantes internacionais, o de Portomarín pasou a primeira ronda en 6ª posición á final, “facendo un traballo brillante e sumar puntos para o ránking galego, senón tamén a nivel nacional de cara a ao campionato do mundo en Hong Kong”, explica Álex Losada, adestrador do club.

“Estamos moi contentos co traballo de Mateo, xa que conseguiu colarse entre os mellores de España da súa categoría, o que mostra a evolución continua que está tendo e a gran mellora dos últimos meses”, argumenta Losada.

Así, concluíu que “esta é unha medalla histórica para o club, xa que non é habitual colarse entre os mellores de España, e máis aínda cando o club non ten nin un ano de vida”.

Outros participantes

Ademais de Mateo, o adestrador Álex competía coa selección galega no mesmo Open España e conseguiu o 3 posto a nivel individual. Pero debido a que a categoría a gañou o representante da selección de Cuba, Álex quedou 2° no ránking nacional, pelexando para o mundial a falta de dous campionatos.

Por outro lado en categoría de equipos, Álex competiu conxuntamente cos seus compañeiros de equipo Club Neka Carlos e Marco, cos que acadou o ouro.

Así, conclúe que “pechamos desta maneira unha xornada histórica para o club, que desexamos que se repita habitualmente”.

0.15406203269958