Mateo Fernández, da AC Taekwondo Sarria, acadou a medalla de prata no Campionato Galego Absoluto

SarriaXa
A AC Taekwondo Sarria participou no seu primeiro campionato Galego absoluto que tivo lugar en Monforte esta fin de semana con Mateo Fernández, que cpmetiu en categoría júnior masculino.
Álex Camba e Mateo Fernández AC taekwondo Sarria
21 Xan 2024

A AC Taekwondo Sarria participou no seu primeiro campionato Galego absoluto que tivo lugar en Monforte esta fin de semana con Mateo Fernández, que cpmetiu en categoría júnior masculino.

Para Mateo, esta era a primeira competición nesta categoría e con cinto negro, e desde o club afirman que fixo un "traballo espectacular que lle permitiu alzarse coa medalla de prata na súa categoría, detrás de Aitor teijero, do Club Neka.

Así, o seu adestrador, Álex Camba, dixo que "para nós como club é un orgullo lograr este resultado no noso primeiro campionato, mostra do traballo diario e compromiso de Mateo, e tratamos de continuar en Sarria co traballo que se fai desde o club Neka de Monforte".

0.15567994117737