Mateo Fernández, da AC Taekwondo Sarria, consegue unha medalla de bronce no Open de Croacia

SarriaXa
Álex Losada, o adestrador da AC Taekwondo Sarria, tamén competiu en sénior 1 e na primeira rolda enfrontouse a Alemaña, logrando a mellor nota de toda a primeira rolda
Open-Croacia-Taekwondo-Álex-Losada-e-Mateo-Fernández
14 Out 2024

O adestrador da AC Taekwondo Sarria, Álex Losada, e o seu alumno Mateo Fernández participaron esta fin de semana no Open G1 Croacia 2024, que tivo lugar en Zagreb.

Desta maneira, Mateo Fernández competiu en categoría júnior Mateo Fernández e pasou á final en 5 posicións, e na final tras dous moi bos poomsaes, logrou subir un chanzo que lle permitiu coarse entre os 4 medallistas.

Así, recibiu unha medalla de bronce "que nos fai moita ilusión polo traballo diario de Mateo e porque é a primeira medalla internacional que logra un alumno da escola", explica o adestrador.

Doutra banda, Álex competiu en sénior 1 e na primeira rolda enfrontouse a Alemaña, logrando a mellor nota de toda a primeira rolda. En segunda, o sorteo facía que Alex se enfrontara contra o actual campión de Europa e posteriormente campión do torneo.

"Unha experiencia máis, seguiremos adestrando e mellorando. Desde aquí damos o parabéns aos compañeiros do Taekwondo Neka e Club Hede polos seus bos resultados", sostivo Losada.

0.070781946182251