Mateo Fernández, da AC Taekwondo Sarria, conseguiu unha medalla de prata na primeira competición

SarriaXa
Pola súa parte, o adestrador Álex Losada, que tamén competiu en Moaña, fíxose cunha medalla de ouro na categoría sénior 1
Alex-Losada-e-Mateo-Fernández-en-Moaña
9 Oct 2024

A AC Taekwondo de Sarria empezou a tempada participando xa na primeira competición de taekwondo, que se celebrou o 6 de outubro en Moaña.

Este foi o primeiro torneo rankeable da tempada organizado polo club Taekwondo Patiño Moaña, no que participou o alumno da escola sarriá Mateo Fernández en categoría júnior.

Desta maneira, durante o evento deportivo, o de Portomarín conseguiu un meritorio segundo posto, acadando a medalla de prata.

O seu adestrador, Álex Losada, di que “a pesar dos nervios, Mateo realizou un moi bo primeiro torneo que lle permite lograr os primeiros puntos do ano para intentar formar parte da selección galega”.

Da mesma maneira, Álex tamén competiu, pero no seu caso na categoría sénior 1, na que conseguir facerse coa medalla de ouro.

A seguinte data marcada no calendario é esta mesma fin de semana, na que tanto Mateo Fernández como Álex Losada competirán no Open de Croacia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.072113037109375