Mateo Fernández, do AC Taekwondo de Sarria, segue conseguindo éxitos en diferentes campionatos

SarriaXa
Mateo Fernández Vázquez, profesional do taekwondo do AC Taekwondo de Sarria, competiu en categoría cadete infantil masculino, unha categoría composta por 37 deportistas, no Campionato de España por clubs de taekwondo.
Mateo Taekwondo Sarria
10 Dec 2023

Mateo Fernández Vázquez, profesional do taekwondo do AC Taekwondo de Sarria, competiu en categoría cadete infantil masculino, unha categoría composta por 37 deportistas, no Campionato de España por clubs de taekwondo.

Durante o Campionato, Mateo realizou dous poomsaes que lle permitiron pasar á final en posición de medalla de bronce a través "dunha gran actuación nesta primeira rolda", tal e como defende o seu adestrador, Álex Camba.

Porén, explica, "a falta de experiencia e os nervios notáronse e en competicións como esta páganse caro, finalizando a súa participación no campionato en 8° posición, pero logrando colocarse entre os 8 mellores de España da súa categoría", sostén o campión.

Finalmente, concluíu que "estamos moi contentos con Mateo, coa evolución que está a ter, a progresión que tivo nos últimos meses foi moi boa froito do seu traballo e compromiso día a día".

0.17658710479736