Mateo Fernández e Álex Losada conseguiron bos resultados no Campionato de España de Taekwondo

SarriaXa | RibeiraSacraXa
O alumno Mateo Fernández e adestrador Álex Camba da AC Taekwondo de Sarria, e xunto co seu equipo do Club Neka; participaron no Campionato de España absoluto das modalidades de técnica e freestyle.
Campionato España freestyle Monforte
6 Maio 2024

O alumno Mateo Fernández e adestrador Álex Camba da AC Taekwondo de Sarria, e xunto co seu equipo do Club Neka; participaron no Campionato de España absoluto das modalidades de técnica e freestyle.

O profe da escola competiu en sénior 1 masculino individual e en trío 1 masculino cos seus compañeiros Carlos Rey e Marco García do Club Neka de Monforte e Álex logrou proclamarse campión de España absoluto en ambas as categorías. A nivel individual, suma puntos moi valiosos para a clasificación nacional que lle permitirán loitar no último campionato, o Open de Madrid, pola súa clasificación ao Mundial. Con este título, convértese en tricampeón de España nesta categoría, e campión de España por segundo ano consecutivo.

Por equipos Álex, Carlos e Marco pechan en dous campionatos a súa clasificación ao mundial de Hong Kong. Con este título, o equipo que forman suma 4 anos consecutivos sen ceder o título de campións de España nesta categoría.

Pola parte de Mateo Fernández, a nova promesa da escola, este alzouse cun 6° posto en modalidade por equipos cos seus compañeiros de selección galega Iván Pena e Allan David Bustamante. E cun 5° posto en modalidade de parellas con Uxía Calvo, que empataron co bronce pero non puideron subir ao podio. "Unha nova experiencia moi enriquecedora para Mateo, e que sen dúbida lle axudará a seguirse formando como deportistas", destaca Camba.

0.17308592796326